Estamos a cambiar para mellorar

Moi pronto terás unha nova web con máis contidos, máis clara e máis pensada para ti.

Mentres tanto, aquí podes seguir todo o que estamos facendo.

Está web e provisional, estamos de obras, perdoa as voltas… xa queda menos!

Con A de Arteixo: mercar aquí ten premio!

En Arteixo temos un comercio que nos coñece, nos aconsella e lle dá vida ás nosas rúas. Por iso, queremos premiar algo tan sinxelo —e tan importante— como facer as túas compras aquí, nos negocios de proximidade.

Do 29 ao 31 de outubro, participa na campaña «Con A de Arteixo» e entra no sorteo dun premio de 100 € en vales de compra para seguir desfrutando do noso comercio local.

Como participar?

É moi doado: Fai unha compra de 10 € ou máis nun dos establecementos participantes. Garda o ticket orixinal e faille unha foto na que se vexan ben o nome do establecemento, a data e o importe. Cubre o formulario de participación, achega a foto e acepta as bases.

Data límite

Tes ata as 23:59 horas do 31 de outubro para enviar a túa participación. Cada ticket válido é unha oportunidade de gañar: podes participar tantas veces como queiras, sempre cun ticket de compra diferente! A campaña está dirixida a persoas maiores de 18 anos.

Un premio para seguir mercando

Sortearemos un único premio de 100 € en vales de compra, que a persoa gañadora poderá gastar nos establecementos participantes antes do 31 de decembro de 2026. Contactaremos con ela a través dos datos facilitados no formulario. Cando mercas en Arteixo, axudas a manter un comercio próximo, unhas rúas con vida e unha vila con identidade propia. Con esta campaña queremos darche as grazas por elixir os negocios de aquí. Ti fas comercio local. Ti fas Arteixo.